Sergio Fernández Enríquez - Sergio da Veiga

Aprendeu a tocar de moi pequeno con xipros de castiñeiro que el mesmo facía cando ía coas ovellas e cabras ao monte.
Tiña un irmán máis maior (Jesús), que era todo o contrario a el nos gustos. A Sergio gustáballe tocar a gaita e o seu irmán non facía máis que poñerlle trabas para que non tocara. Pero a afección de Sergio pola gaita era tan grande, que se encargou de convencer a Suso para que lle mercara unha e así deixar de tocar ás agachadas.
Era tan bo gaiteiro que o chamaban para todas as festas e polavilas da contorna, para os xogos de mazás e castañas e para as esfollas do millo, de tal maneira que o seu talento se foi impoñendo á negativa do seu irmán.
Sergio foi un dos gaiteiros máis populares do concello e da bisbarra e moi querido por todo o mundo, sobre todo pola xente nova.
Sempre foi un grande afeccionado ao folclore galego, en particular do noso mestre Pepe Vaamonde.
Morreu no 2.010.
https://sites.google.com/view/piteas1819/piteas/os-nosos-gaiteiros/sergio-da-veiga
Cargando mapa…
