Folkoteca Galega 3.0

Este ano 2026 a Folkoteca Galega cumple 15 anos.

Presentamos a nova versión deste sitio web despois dun largo tempo sen novidade ao respecto. Esperamos que desfrutedes das funcionalidades habituais e tamén dalgunhas novas que iredes descubrindo. Desfrutade dos contidos e espallade a nosa cultura!

PuntoGal

O presidente de PuntoGal, Manuel González, e o responsable da Folkoteca Galega, Xulio Xesús León Pérez, asinaron un convenio de colaboración polo que o dominio apoiará a este proxecto de dixitalización da música tradicional galega para o ano 2026.

Desde o ano 2021 a Asociación PuntoGal ven colaborando con este sitio proporcionando o dominio folkotecagalega.gal e sufragando os gastos derivados da hospedaxe deste sitio.

O noso inmenso agradecemento!

https://asociacion.gal/es/inicio/

APOI

Tamén colaboramos co repositorio dixital do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego, aínda que ata o de agora non se crearon as referencias á páxina dos materiais do APOI. Nos vindeiros meses comezarase a facer.

http://apoi.museodopobo.gal/