ACF As Lagharteiras de Mos
Tameiga, Mos, Pontevedra.
PDF e Transporte

Lagharteiras é un grupo de pandeireteiras galegas con orixe na parroquia de Tameiga, Mos.
Creado no ano 2007, o principal obxectivo do grupo é o de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.
No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras”, radicada no concello de Mos.
O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primeiro álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013.
Tamén participaron no himno do centenario do Real Club Celta de Vigo, "Oliveira dos cen anos" composto por C. Tangana.
Cargando mapa…
