Baile - Bailegrama #1 - Maneo Cabaleiros
Bailegramas, do bailador Sergio Cobos, é a primeira proposta dun sistema de notación especifico para o baile tradicional galego. É unha publicación fundamental do punto de vista da memoria, o coñecemento e a difusión social deste patrimonio coreográfico que por ser conservado no ámbito rural atende á defensa da diversidade e a estima colectiva. Bailegramas é valido para documentar e analizar por escrito un baile tradicional galego vivido, presenciado ou desde un rexistro audiovisual. O sistema permite analizar os movementos e o significado de cada paso, ver como se integran na coreografía e avanzar na compresión das implicacións sociais do baile para a comunidade.
Cargando mapa…
